Thursday 28 de March de 2024

A Concellería de Turismo dá novos pasos para afianzar a posición da Coruña como destino congresual de referencia


O Consorcio de Turismo e Congresos colabora na realización de dous importantes congresos médicos na cidade no mes de outubro

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Turismo, Diana Cabanas, recibiron esta mañá no consistorio a Miguel Pérez Fontán, médico adxunto do Servizo de Nefroloxía do CHUAC, e Teresa Pérez López, supervisora do Servizo de Diálise do CHUAC, ambos os dous presidentes dos comités destes congresos que se realizarán na cidade no mes de outubro.

O XLIX Congreso da Sociedade Española de Nefroloxía (SEN) terá lugar no PALEXCO do 5 ao 8 de outubro e acollerá a 1000 profesionais desta especialidade médica. A este milleiro de asistentes haberá que sumar os outros 500 profesionais previstos no XLIV Congreso Nacional da Sociedade Española de Enfermería en Nefroloxía (SEDEN), que terá lugar nas mesmas datas.

A realización destes eventos na cidade reafirma o compromiso e a vontade da Concellería de Turismo para afianzar o posicionamento da Coruña como destino congresual de referencia ao tratarse dunha cidade accesible e moi cómoda para os/as participantes que asisten a este tipo de convencións.